Skip to main content
Axenda CaducadaRiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Representan este sábado en Riotorto ‘O Menciñeiro á forza’

Por 28 Outubro, 2022Outubro 29th, 2022Sin comentarios

O grupo Os Baluros Teatro representará este sábado en Riotorto, ás 18.00 horas, a obra teatral O Menciñeiro á forza, que terá lugar no centro cultural.

Esta obra de Xosé Manuel Carballo é unha adaptación que se atopa dentro do programa de Teatro Afeccionado da Deputación e foi a peza de clasura do I Certame de Teatro Afeccionado celebrado en Castro este verán.