Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Proxección en Vilalba este sábado do filme Malencolía

Por 10 Outubro, 2022Outubro 15th, 2022Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continúa coas proxeccións correspondentes ás películas finalistas dos XX Premios Mestre Mateo (documentais e longametraxes). Nesta ocasión, tócalle o turno á película Malencolía, dirixida por Alfonso Zarauza.

A proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 15 de outubro de 2022, ás 20:00 horas.

Sira e Pepe son unha parella que fartos da vida en precario e do frenesí da cidade de Berlin, deciden voltar a Galicia tras moitos anos emigrados na Alemaña. Atopan por internet unha casiña na aldea abandonada de Lupián, provincia de Ourense, e deciden deixalo todo para iniciar unha nova vida alí. Chegados a aldea descobren con sorpresa que a única casa con vida está habitada por unha peculiar señora chamada Isolina.