Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXAVilalba

As Pontes e Vilalba únense na II Liguilla de tenis

Por 11 Outubro, 2022Sin comentarios

Os clubs de tenis irmáns das localidades das Pontes e Vilalba organizan este inverno a segunda edición da Liguilla de Tenis tanto para xogadores federados como no federados.

Esta competición desenvolverase entre os meses de outubro e abril nas dúas vilas.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse en calquera dos dous clubs por un prezo de 30 euros para os asociados e de 60 para os non asociados.

As inscricións poden facerse correos ctvilalbes@gmail.com ou no ctaspontes@gmail.com ou tamén no teléfono 627 536 059 preguntando por Paulino, organizador da liga.

A competición repartirá un total de mil euros en premios en material deportivo e trofeos para todos os paricipantes. Ademais sortearase material tamén entre os participantes que xoguen o 90% dos encontros.