Skip to main content
Vilalba

O BNG insta á Xunta a dotar de persoal o centro de saúde de Vilalba

Por 4 Outubro, 2022Outubro 18th, 2022Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba esixe ao goberno da Xunta de Galiza a que dote de persoal facultativo o centro de saúde e PAC de Vilalba, o que leva dende casi un ano con dificultades para poder garantir o funcionamento pleno.

O BNG xa denunciou este situación cunha campaña de recollida de sinaturas á veciñanza afectada esixindo a recuperación dos servizos. Recolléronse máis de 450 sinaturas, mais a situación segue no mesmo punto desde varios meses.

Por todo isto, o BNG insta a mellorar o servizo no centro de saúde e PAC da localidade coa dotación total das prazas de persoal facultativo coas que conta o centro, a restitución urxente do persoal especialista en pediatría e a dotación de recursos materiais suficientes para garantir o seu pleno funcionamento.

Mónica García, responsábel local do BNG en Vilalba, declarou “esta é a realidade do desleixo e desmantelamento da sanidade pública, é indecente que se esté negando á veciñanza o seu dereito á saúde”.

A responsábel local do BNG destacou “houbo anuncios da Xunta coa mellora do servizo do centro de saúde, mais quedou claro que só foi propaganda; desde o BNG continuaremos defendendo a nosa sanidade pública”.