Skip to main content
Vilalba

Pablo Nogueira gaña o sexto premio Agustín Fernández Paz

Por 23 Outubro, 2022Sin comentarios

O auditorio vilalbés acolleu onte á noite o fallo do VI Premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil e xuvenil pola igualdade, que recaeu no escritos e mestre Pablo Nogueira Campo pola obra Ringo. Memorias dun ceollo fedello.

Este premio está organizado polo Iescha, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais e ten unha recompensa de 3.000 euros e a publicación da obra gañadora.

O fallo deste ano deuse a coñecer durante a celebración de entrega do premio do ano 2021 a Lois Pérez pola súa obra A gruta da torre.

O xurado desta edición estivo formado por Manuel Bragado, Fina Casalderrey e o propio Lois Pérez que, por unanimidade recoñeceron esta obra.