Skip to main content
Vilalba

Comezan en Vilalba as obras de renovación do vial de Agadín, na parroquia vilalbesa de Oleiros

Por 27 Outubro, 2022Outubro 28th, 2022Sin comentarios

O Concello de Vilalba acomete a rexeneración total do camiño de Agadín, de dous quilómetros e ubicado na parroquia de Oleiros.

Estes traballos enmárcanse dentro do Plan Único da Deputación de Lugo. Para acometer esta actuación emprégase zahorra, ademais de pavimento bituminoso, co obxectivo de dotar de máis regularidade á superficie e garantir a seguridade. A rexeneración deste camiño incluíu a limpeza e a apertura das cunetas.

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e o concelleiro de Infraestruturas Luis Fernández estiveron presentes hoxe na zona para supervisar o inicio das obras.

Con estas tarefas no vial de Agadín, o Concello de Vilalba da resposta a unha demanda veciñal e mellora a seguridade viaria, tanto de vehículos como de peóns.