Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

Momán festexa a Romería dos Dolores e a Festa da Xuventude o día 22

Por 17 Outubro, 2022Outubro 22nd, 2022Sin comentarios

A localidade de Momán celebrará o día 22 a tradicional Romería na Honra á Virxe dos Dolores e a Festa da Xuventude que arrancará ás 10.00 horas cunha xuntanza cabalar e a exposición de vehículos clásicos.

Non faltará o oficio relixioso ás 13.30 horas, con procesión, que rematará cunha sesión vermú a cargo de Máster.

Ao mediodía terá lugar o xantar popular no que haberá fabada asturiana, asado de tenreira ao espeto con patacas panadeira e pementos, viño, refrescos e auga, ademais de postre, café e chupito.

A comida ten un prezo de 30 euros para adultos, 15 para rapaces de entre 6 e 12 anos e será de balde para os máis pequenos.

A venda de tíckets para o xantar realízase nos bares de Momán e cos membros da comisión e ten como data límite o 14 de outubro xa que o aforo está limitado.

Pola tarde haberá animación a cargo de Puzzle con toro mecánico, campionato de tiro á corda por equipos e animación dunh DJ con música dos anos 80.

Pola noite haberá unha liscada ás 21.30 horas con liscos, chourizo e pan de balde, antes de rematar cunha verbena, na que actuarán Gran Parada e Máster.