Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

Convocada unha reunión en Cabreiros sobre o novo parque eólico

Por 17 Outubro, 2022Outubro 18th, 2022Sin comentarios

Con motivo da posta en marcha dun proxecto eólico no Concello de Xermade, concretamente un novo parque que se fará nas parroquias de Cabreiros e Lousada, a veciñanza está convocada a unha reunión informativa sobre dito proxecto.

Esta terá lugar o día 18 de este mes, martes, ás 20.30 horas no local social da Asociación de Veciños de Cabreiros, a Casa Escola do Chao.

A explicación estará ao cargo do Grupo Inversor & Industrial HSB & Elicio.

A sesión está orientada aos veciños afectados, situados nos polígono s 36, 35, 1, 2 e 47 ou mesmo os que desexen información sobre o mesmo.