Skip to main content
Xermade

Xermade ultima preparativos para a carreira popular do sábado

Por 4 Outubro, 2022Outubro 18th, 2022Sin comentarios

O sábado 8 terá lugar a XI Carreira Popular organizada polo Concello de Xermade, suspendida dende o ano 2019.

A proba iniciarase a partir das 17.00 horas, con saída da praza do Concello e discorrerá por vías do concello de Xermade.

A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.

O circuíto contará de 6,5 quilómetros para as probas de adultos e será sobre asfalto. Así, establécense varias categorías dende os nados no 2017 ata os 2008, que terán distintas distancias a percorrer: 150 metros, 300, 800 e 1.600 e que sairán a partir das 17.15 horas en intervalos de cinco ou dez minutos. Os xuvenís sairán cos adultos, os sénior e os máster e percorrerán a mesma distancia.

O prazo de inscrición, gratuíta para os pequenos e cun prezo de 5 euros para os adultos, pecha hoxe á noite e pode facerse na web www.carreirasgalegas.com.

Todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo. Na categoría de Pitufos ata Infantil haberá medallas para todos os participantes.  Non haberá trofeos para estas categorías nin se farán clasificacións.

Nas categorías dende Sub-10 ata Máster C: trofeo para os tres primeiros de cada categoría e sexo.

A entrega de premios será na Praza do Concello de Xermade e comezará, aproximadamente, ás 18.50 horas.

Os participantes contarán con aparcadoiro gratuíto, camiseta para a de adultos, baños na zona de saída-chegada, recollida de dorsais e imperdíbeis, vestiarios e duchas no pavillón municipal, roupeiro custodiado por voluntarios da organización, avituallamento ao final de cada carreira, avituallamento líquido no km 5 da carreira de adultos e ambulancia con médico.