Skip to main content
Xermade

O PP de Xermade quere facer unha segunda casa niño

Por 28 Outubro, 2022Sin comentarios

O PP de Xermade valora positivamente a casa niño que está a funcionar no municipio financiada pola Xunta de Galicia. Nesa liña, para cubrir a demanda considera axeitado dispoñer doutra casa niño coa que ofrecer o  servizo a máis de 5 menores de 3 anos e propuxo que se localice, preferiblemente, na zona norte do municipio para cubrir o territorio e diminuír os desprazamentos dos usuarios.

O voceiro do Grupo Municipal Popular, Antonio Riveira, puxo enriba da mesa este asunto no pasado pleno onde preguntou ao goberno local por que dende o Concello non se promove e favorece a creación dunha segunda casa niño coa que dar atención ás familias que quedaron fóra do servizo porque cada casa niño non pode atender a máis de cinco á vez.

O popular destaca que “esta rede de centros funcionan como fórmulas de autoemprego e dinamización social ao mesmo tempo que favorecen a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral e, á súa vez, a fixación de poboación no rural”.

As casas niño ofrecen atención específica das necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso de acordo á idade dos usuarios e contribúe ao seu desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social.