Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

Mondoñedo volverá ter este Nadal a súa Papanoelada Moteira

Por 20 Novembro, 2022Novembro 21st, 2022Sin comentarios

O Motuclube Ruta N-634 en colaboración co Concello de Mondoñedo preparan a quinta Papanoelada moteira na que todo o que queira participar pode dar o espectáculo rodando en moto e vestido de Santa Claus.

A cita terá lugar o 17 de decembro, a partir das 16.00 horas dende a praza da Catedral. Esta cita contará tamén con chocolatada, colchonetas e inchables, agasallos e sorteos.