Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

O musical Toy Story chega ao auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo en decembro

Por 28 Novembro, 2022Sin comentarios

O musical Toy Story chega ao auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo o vindeiro venres 16 de decembro ás 20.00 horas para facer soñar a grandes e pequenos .

Para asisitirhaberá que mercar as entradas na oficina de turismo de Mondoñedo ou chamando ao 982 507 177. Teñen un prezo de 15 euros.

A historia dos xoguetes chega aos teatros e auditorios de toda España. Un guión non orixinal e adaptado aos tempos que corren, onde os personaxes tentarán concienciar aos nenos e aos papás da importancia do coidado dos xoguetes e a súa reciclaxe para podelos algún día doar a outros nenos que quizais non poidan ter tantos.

Outro dos segredos deste musical será ver como os nenos e maiores que crean nos xoguetes poderán falar, bailar e cantar con eles.