Skip to main content
Ribadeo

Veciños ribadenses critican a seguridade dun parque infantil e da estrada do Faro

Por 23 Novembro, 2022Sin comentarios

Diferentes veciños da vila de Ribadeo veñen de criticar varios fallos de seguridade para os nenos e para os usuarios dunha estrada. Así, no tocante ao parque infantil situado diante da capela San Miguel existe un “fallo de seguridade para os cativos”.

Por iso non entenden porque “non se continuou coa varanda de seguridade ata o final do parque ou cal é o motivo polo que fronte ás vivendas sociais non se substituíron os setos por unha varanda”.

Segundo relatan os propios veciños teñen visto “como aos nenos se lles escapa o balón á estrada e saen correndo para collelo” o que implica un gran perigo para a súa seguridade.

Por outra banda tamén falaron sobre unha nova situación de perigo na transitada estrada que vai ao Faro. “Os veciños e o Partido Popular levamos reclamando o arranxo da estrada do Faro desde hai varios anos. Agora por fin o fan. Chega a campaña electoral para as municipais e póñense a arranxar cousas que hai moitísimo tempo tiñan que estar solucionadas”.

Malia o novo pavimento que din “xa está a facer balsas de auga”, o perigo atópase nunha torreta electrica que ocupa 1 metro da beiravía nunha curva cando antes da reparación da estrada non estaba na propia vía. Tamén se preguntan porque non se asfalta “un trozo de estrada que leva ata o Faro”.

Foto do antes e despois da torreta de alta tensión na estrada do Faro