Skip to main content
Axenda CaducadaDeportes AMARIÑAXAFoz

Volve unha nova edición da Run Foz Run de Nadal

Por 28 Novembro, 2022Novembro 29th, 2022Sin comentarios

Volve unha nova edición da Run Foz Run de Nadal que este ano chega a súa sexta edición e celebrarase o vindeiro 24 de decembro.

A carreira terá lugar a partir das 10.30 horas sobre un circuíto de 200 metros para Pícaros, 600 metros para Benxamíns, 1.000 metros para alevíns, 1.800 metros Infantís e Cadetes, 5.000 metros para a competición Absoluta e 6 quilómetros para a andaina.

A saída e meta farase dende a praza Rosalía de Castro e a competición transcorrerá por un circuíto urbano cun perfil moi suave propicio para unha carreira rápida.

A inscrición estará limitada a 300 corredores para a carreira absoluta, 100 corredores para a carreira Pícaros, 50 corredores para a carreira Benxamíns, 50 corredores para a carreira Alevín, 50 corredores para a carreira Infantil e Cadete.

As inscricións en liña poderán realizarse ata o mércores 21 de decembro ás 23.59 horas e o prezo da inscrición variará en función do tramo seleccionado dende  gratis para menores antes do 30 de novembro ata 10 euros para carreira absoluta.

Haberá premios e un sorteo de dúas cestas de Nadal ao finalizar a proba. Poderán adquirirse as rifas para o sorteo por  2 euros.

Os dorsais poderán ser retirados presencialmente na carpa da organización na praza Rosalía de Castro o día 23 de decembro de 17.00 a 19.00 horas e o mesmo día da proba de 9.00 a 11.00 horas.