Skip to main content
AlfozComarca AMARIÑAXAO Valadouro

Alfoz e O Valadouro subvencionan un autobús para desprazarse ata a Piscina de Foz

Por 22 Novembro, 2022Novembro 23rd, 2022Sin comentarios

O Concello de Alfoz e o do Valadouro subvencionan un autobús para desprazarse ata a Piscina Municipal de Foz, co fin de fomentar hábitos saudables a través dun curso de natación.

O devandito curso ten un prezo de 14 euros ao mes ou baño libre de 3.30 euros ao día e é obrigatorio saber nadar. Os usuarios terán que abonar o custo do curso pois o Concello tan só subvenciona o autobús todos os mércores laborables desde xaneiro ata xuño en horario de mañá.

As prazas son limitadas e completaranse por orde de inscrición no Rexistro Municipal, na Casa do Concello. Modelo de solicitude dispoñible tamén nesta páxina.

Para máis información haberá que chamar ao teléfono 982 558 001.