Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAMar AMARIÑAXA

As 6 confrarías lucenses revalidan no cargo aos seus patróns

Por 26 Novembro, 2022Novembro 27th, 2022Sin comentarios

Un total de 48 patroas e patróns maiores das confrarías galegas renovaron o seu cargo tralas terceiras eleccións unificadas nestas entidades, nas que o pasado 29 de outubro 62 delas votaron de xeito simultáneo para elixir aos seus representantes para os vindeiros catro anos. Mentres, nas 14 restantes cambia a persoa que vai encabezar a súa xestión na vindeira lexislatura.

Hoxe foron proclamados definitivamente os novos responsables desas 62 confrarías e o seguinte paso é a súa toma de posesión, que se producirá mañá. A duración do mandato tanto da patroa ou patrón maior como do resto de órganos da confraría -xunta xeral e cabido- será de catro anos, podendo ser reelixidos por períodos de igual duración. 

Unha vez tomen posesión as novas patroas e patróns maiores avánzase co proceso electoral unificado co obxectivo de renovar completamente os órganos reitores das confrarías de pescadores da comunidade e das súas federacións. 

A resolución pola que se convocaron estas terceiras eleccións unificadas ás confrarías de pescadores de Galicia -publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 5 de setembro- establece que os comicios se desenvolven en tres fases. En primeiro lugar realízanse as eleccións nas distintas confrarías de Galicia -fase que queda xa superada-, despois celébranse as votacións nas tres federacións provinciais -A Coruña, Lugo e Pontevedra- e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

Así, repiten como patrón maior Diego Pernas Lamelas no Vicedo, Javier Martínez Otero en Ribadeo, José Basilio Otero Rodríguez en Burela, Javier Sánchez Fernández en San Cibrao, Domingo Rey Seijas en Celeiro e José Juan Lestegas Iglesias en Foz.