Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

O CD Burela FS recolleu o recoñecemento Meninas 2022

Por 22 Novembro, 2022Novembro 29th, 2022Sin comentarios

Varios membros do CD Burela FS, concretamente o adestrador, Julio Delgado, o coordinador da sección feminina, Yago Loureiro, o presidente do club, Manuel Blanco, o vicepresidente, José Luis Saez e sete das xogadoras do equipo senior feminino, Cilene, Jenny, Jozi Oliveira, Antía Pérez, Patricia, Caridad e Emilly (todas excepto as 3 convocadas para xogar coa Selección os amistosos de Xapón, Peque, Dany e Irene Samper) asistiron ao Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela para asistir ao acto de recoñecementos Meninas 2022.

A Delegación do Gobierno en Galicia concede os recoñecementos Meninas 2022 aos equipos Viogen de Galicia da Garda Civil, á Marcha Mundial das Mulleres, á Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller-ASOCIM, ao Comando Igualdade do IES Alexandre Bóveda de Vigo e ao CD Burela Fútbol Sala. O xurado destes recoñecementos, presidido polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, fallou a quinta edición destes recoñecementos en Galicia con motivo da próxima celebración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Os recoñecementos Meninas foron instituídos polo Goberno de España co obxeto de poñer en valor a persoas e institucións que incorporaron estratexias, iniciativas ou proxetos para combater a violencia sobre as mulleres e promover a igualdade.

En Galicia este ano o recoñecemento acada ás cinco entidades e institucións e engádese unha mención honorífica, que recae nesta ocasión na periodista ourensá Cristina Huete Álvarez.

Xunto co delegado do Goberno, José Miñones, o xuardo completouse coas persoas titulares das subdelegacións provinciais: María Rivas, Isabel Rodríguez, Emilio González e Maica Larriba. Contou coas propostas da Unidade de Violencia de Xénero da Delegación e as súas unidades provinciais de coordinación. Nas súas deliberacións recibiron tamén aportacións da sociedade galega e aportacións de candidaturas que, concluíron nun fallo final. Nel recóllense as motivacións de cada un dos recoñecementos.

No caso do CD Burela FS, o xurado reconoce o paso adiante que supuxo a firma, en 2018 e no seno desta entidade, o primeiro convenio colectivo para mulleres deportistas, con cláusulas específicas de conciliación e promoción profesional. Unha decisión histórica que tomou en solitario o club lucense e que constitúe un exemplo de como aplicar de forma efectiva a igualdade entre homes e mulleres no deporte. Nestes anos, o equipo feminino realiza accións de sensibilización e concienciación contra a violencia sobre a muller, por exemplo, dedicando partidos á loita pola igualdade efectiva de mulleres e homes y enviando mensaxes de sensibilización contra esta lacra.

Recolleron o galardón o presidente do club CD Burela FS, Manuel Blanco Fanego, e unha das capitanas e porteira do equipo senior feminino, Joziane de Oliveira.

“Dende o CD Burela FS estamos moi orgullosos e orgullosas deste recoñecemento e seguiremos loitando pola igualdade no deporte e realizando accións de sensibilización e concienciación contra a violencia sobre a muller”, dixeron.