Skip to main content
Alfoz

O Concello de Alfoz continúa coas reunións veciñais para o Orzamento 2023

Por 2 Novembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Alfoz continúa un ano máis coas reunións polas parroquias para que os veciños e veciñas fagan as súas suxerencias cara ao Orzamento Municipal de 2023.

Estas xuntanzas son para escoitar as demandas da veciñanza pero tamén un espazo informativo no que o grupo de goberno explica as obras e servizos que se están a levar a cabo o programadas para un futuro próximo, así como para tratar calquera tema que os cidadáns queira plantear co obxectivo de, entre todos, seguir mellorando o Concello de Alfoz.

Así, no mes de novembro, están programadas as reunións ás 20.00 horas na Escola da Pinguela en Lagoa para o venres 4 de novembro, no Trece en Carballido o venres 11 e na Escola de Bacoi para o venres 25.