Skip to main content
Alfoz

VIA Alfoz celebra a súa asembea xeral o domingo

Por 11 Novembro, 2022Sin comentarios

O vindeiro domingo 13 de novembro de 2022 ás 12.00 horas, en primeira convocatoria, e ás 12.30 horas, en segunda, celebrarase a III Asemblea Xeral de VIA Alfoz. O acto terá lugar no salón de actos do centro sociocultural de Alfoz.

Coma en citas anteriores, antes da Asemblea Xeral abrirase unha mesa de captación de afiliados que estará instalada no mesmo centro sociocultural de 11.00 a 12.00 horas.

Desde a Dirección Executiva recórdase que, para poder votar na Asemblea, será necesario estar ao corrente de pago da cota de militante. Ademais, aqueles simpatizantes que desexen participar e votar nas discusións da Asemblea Xeral deben primeiro afiliarse ao partido como militantes.

Segundo indican desde a Dirección Executiva, os afiliados que queiran que algún asunto do seu interese se eleve ante a Asemblea Xeral, poden envialos ao correo vialfoz@gmail.com, para ser incluído, na orde do día.

Ademais, os afiliados que o desexen, ou que non podan asistir de forma presencial, poden enviar os seus rogos e preguntas para que sexan tratados na propia Asemblea. Toda a información da asemblea estará colgada na súa web.

Tras a Asemblea Xeral, VIA Alfoz celebrará unha comida de irmandade á que poderán asistir todos os afiliados, tanto militantes como simpatizantes, así como os acompañantes que o desexen, sexan afiliados ou non.

A comida está programada para as 15.00 horas no restaurante O Frenazo. Os interesados deberán comunicalo a calquera membro da actual Dirección Executiva ou no correo vialfoz@gmail.com.