Skip to main content
Barreiros

Este domingo será a entrega de premios do Certame de teatro de Barreiros

Por 5 Novembro, 2022Sin comentarios

O domingo 6 de novembro celebrarase a gala final do I certame de teatro amador “Convida no rural” organizado polo Concello de Barreiros xunto ó Colectivo Cultural Ollomao e que conta co financiamento da área de Medio Rural da Deputación Provincial.

Ás 19.30 horas comezará a gala na que se darán a coñecer os premiados/as das diferentes categorías; mellor actriz de reparto, mellor actor de reparto, mellor actriz principal, mellor actor principal, premio especial do público e o premio á mellor obra.

Logo da entrega dos galardóns, a gala continuará coa actuación do grupo de teatro Ollomao que representará a obra “O Documento”.

A organización informa de que as persoas integrantes dos grupos que participaron no certame terán asentos reservados polo que, para o resto do público que desexe asistir a gala, haberá aforo limitado ata completar as localidades dispoñibles.

PREMIO Á MELLOR ACTRIZ DE REPARTO

  • Andrea Rodríguez e Lucía Senra (Farándula velutina)
  • Yolanda Lozano (O aturuxo de Melpómene)
  • Clara Iglesias (Disfunción continua)

PREMIO AO MELLOR ACTOR DE REPARTO

  • Juan Couto (A Adala)
  • Jorge Manchado (A Adala)
  • Xoán Padín (O aturuxo de Melpómene)

PREMIO Á MELLOR ACTRIZ PRINCIPAL

  • Cristina Hipólito e Laura de la Torre (A Cholón)
  • Luisa Oroza (A Adala)
  • María Porto (Disfunción continua)

PREMIO AO MELLOR ACTOR PRINCIPAL

  • Juan José Vázquez (Teatro Mariñán)
  • Luis Miguel Orcajo (El duende de Lerma)
  • Ramón Ángel Ares (A Adala)

PREMIO ESPECIAL DO PÚBLICO

  • Vivan os noivos (A Adala)
  • Es tu vida. Húndela como tu quieras (A Cholón)
  • A pena do cu do mundo (O aturuxo de Melpómene)

PREMIO Á MELLOR OBRA

  • Es tu vida. Húndela como tu quieras (A Cholón)
  • El lazarillo de Tormes (El duende de Lerma)
  • A pena do cu do mundo (O aturuxo de Melpómene)