Skip to main content
Barreiros

O Colectivo Ollomao de Barreiros pon en marcha os Seráns de Cine

Por 18 Novembro, 2022Novembro 19th, 2022Sin comentarios

O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros pon en marcha unha nova iniciativa cultural para os domingos, trátase do ciclo de Seráns de Cine.

Todas as sesión serán no centro social de San Cosme, nos Colexios Vellos de San Miguel e no centro social de Vilamarás ás 19.00 horas.

Malia que a primeira proxección xa foi o domingo 13 de novembro, o ciclo continuará con A Poeta Analfabeta o domingo 20 e o 4 de decembro con Jacinto, ambas nos Colexios Vellos, e o 11 de decembro con A Noiva de Medianoite no centro social de Vilamar.