Skip to main content
Barreiros

Un ano máis Barreiros súmase á campaña En Negro contra as Violencias

Por 23 Novembro, 2022Sin comentarios

Barreiros conmemora o Día Internacional contra a Violencia Machista o vindeiro 25 de novembro na praza do Concello. Así, un ano máis súmanse á campaña institucional que desenvolven numerosas administracións En Negro contra as Violencias.

 Os actos centrais serán o propio 25N na praza do Concello a partir das 11.00 horas e crearán un mural colectivo contra a violencia machista. Máis tarde, ás 12.00 horas terá lugar a lectura do manifesto institucional.