Skip to main content
Cervo

O CEIP de Cervo xa conta carteis con pictogramas e en sistema braille

Por 5 Novembro, 2022Novembro 6th, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo vén de adquirir carteis con pictogramas e en sistema braille que identifican os diferentes espazos do CEIP de Cervo.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, estiveron no centro vendo in situ os paneis que xa están instalados e que contribúen a  facer o centro máis inclusivo se cabe.

Villares quixo destacar que se trata dunha iniciativa marabillosa e que nos fai especial ilusión “porque cumprimos o desexo de Lucía Manchado, alumna do centro, que nos enviou unha carta na que nos pedía expresamente colaboración para que todos os nenos e nenas saiban onde están as aulas, a biblio, os baños, o comedor…”.

“Moitas grazas Lucía pola túa sensibilidade, e encantados de poder contribuír a mellorar o voso xa extraordinario cole!”, rematou dicindo o alcalde.