Skip to main content
Cervo

Cervo protagoniza o anuncio de Lotería de Nadal

Por 11 Novembro, 2022Novembro 12th, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo protagoniza a nova campaña de lotería de Nadal que se presentou este mesmo xoves e que se compón de tres historias, unha delas rodada no noso municipio.

Baixo título Tres Orquídeas o anuncio que se emite desde hoxe mesmo, conta unha fermosa historia chea de xenerosidade que xira en torno ao Faro de San Cibrao. 

A gravación levouse a cabo durante a fin de semana do 22 e 23 de outubro e entre as localizacións escollidas están o Faro da Atalaia, o Bar Aquelarre ou Efectos Navais Rubio.

Tal e como precisou Villares, “é un orgullo que o noso municipio fose o escollido para rodar un dos anuncios máis agardados do ano”. Desde o Concello tentamos facilitar na medida do posible a rodaxe –precisou- porque entendemos que é unha oportunidade protagonizar o spot por excelencia do ano.

“Temos que agradecer a comprensión e a colaboración da veciñanza neses días de gravación nos que se viu un pouco alterada a súa rutina diaria”, engadiu o rexedor.

“A fortuna sorriunos ao ser escollidos para a rodaxe”, engadiu- “Pero por que non?…imos soñar ao grande…E a ver se o Gordo tamén se deixa caer por Cervo e facemos pleno este Nadal. Crucemos os dedos”.