Skip to main content
Cervo

Cervo organiza para este Nadal unha nova edición do programa Concilia

Por 29 Novembro, 2022Novembro 30th, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo organiza para este Nadal unha nova edición do programa Cervo Concilia, que dará comezo o 23 de decembro.

Este programa, que vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos,  componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, “sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias”, tal e como apunta a edil de Educación, Dolores García Caramés.

As inscricións poñeranse a disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello. O prazo para anotarse remata o 16 de decembro e as prazas son limitadas. O programa estenderase durante as vacacións de Nadal, finalizando o 5 de xaneiro.