Skip to main content
Foz

Acia Foz entregou os 3.000 euros en premios da campaña ‘Este mes compras gratis no comercio’

Por 11 Novembro, 2022Sin comentarios

AciaFozCCA fixo entrega de 3.000 euros en premios en tarxetas prepago e vales de compra. Estas campañas foron patrocinadas por Concello de Foz, pola Federación Galega de Comercio e pola Xunta de Galicia.

O acto tivo lugar a carón da Casa do Concello, onde as persoas afortunadas recibiron os 2.000 euros en vales de compra sorteados na campaña de AciaFozCCA, desenvolvida entre o 29 de setembro e o 29 de outubro. Foron 6 premios de 100 euros cada un, 2 premios de 200 euros, 1 premio de 400 euros e 1 premio de 600 euros. As afortunadas e afortunados poderán consumir os seus premios ata o 31 de decembro nos establecementos que participaron nesta campaña. 

Tamén recibiron as súas tarxetas prepago de 50 e 30 euros respectivamente (en total 1.000 euros en premios) aquelas persoas que resultaron afortunadas no sorteo realizado pola Federación Galega de Comercio na tarde de onte. A campaña Mercar no teu comercio ten premio tivo lugar entre o 3 e o 10 de novembro en Foz.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, agradeceu “o apoio das diferentes administracións e da Federación Galega de Comercio para poder desenvolver este tipo de iniciativas tan importantes para os negocios locais”.

Asistiron á entrega de premios, entre outros, o alcalde de Foz, Fran Cajoto, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.