Skip to main content
Axenda CaducadaFoz

O Centiño representará, A morte morrida, o sábado en Foz

Por 23 Novembro, 2022Sin comentarios

O grupo de teatro O Centiño vén de retomar os escenarios cunha nova representación teatral, A morte morrida. Será o vindeiro sábado, día 26 de novembro, ás 21.30 horas, no local da Antiga Báscula. A entrada é libre e gratuita para todos os públicos..

Nesta obra abordan o tema da xubilación e da morte conxuntamente, para crear unha mestura que podería semellar macabra, pero que remata sendo divertida. Crispín vén de xubilarse no banco e está deprimido. Non soporta a inactividade da súa nova forma de vida e cre adiviñar que así, sen estímulo para vivir, a morte virá buscalo axiña. Faille a vida imposible a Benilde, a súa muller. Menos mal que o seu amigo Reigosa tenta animalo para recuperar o ánimo.