Skip to main content
Foz

O CEIP Fondo Nois contará cun campamento de Nadal

Por 26 Novembro, 2022Sin comentarios

O Anpa Fondo Nois xunto con Anacos de Lecer e o Concello de Foz organizan un campamento de Nadal para os pequenos focegos no CEIP Nois.

Esta cita lúdica terá dúas quendas, a primeira do 26 ao 30 de decembro e a segunda do 2 ao 5 de xaneiro. Ambas serán en horario de 9.00 a 14.00 horas con posibilidade de ampliar de 8.00 a 15.00 horas.

Os pequenos poderán desfrutar de talleres de cociña. manualidades de todo tipo, diverciencia, xogos tradicionais e moitas sorpresas. A inscrición haberá que facela antes do 30 de novembro e ten un prezo de 30 euros para os socios e 40 para os que non o sexan.