Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

Nova edición do Festival das Minas A Pontenova

Por 14 Novembro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural e Deportiva As Minas da Pontenova vén de anunciar nas súas redes sociais a celebración do seu tradicional Festival das Minas.

Esta cita lúdica pontenovesa, que chega a súa décimo quinta edición, será o día 10 de decembro. O deseño do carte é obra de José Vázquez, Sampa.

Dende a organización dixeron “xa queda pouco para unha das citas anteriores a Nadal máis importantes organizada pola ACD As Minas”.

Noutras ocasións a esencia deste festival ademais da musical foi a solidaria no que recollen alimentos non perecedoiros como aceite, azúcar, sal, leite, legumes, galletas, etc, roupa e xoguetes. Así como a venda das camisetas.