Skip to main content
Ribadeo

O PP pide ao goberno do BNG que detallen cómo van a actuar no problema de ratas que ten Ribadeo

Por 7 Novembro, 2022Sin comentarios

O Grupo Municipal popular de Ribadeo levan tempo pedindo e propoñendo solucións a cuestións que os veciños do municipio demandan día a día como a problemática dos hosteleiros coa basura e o vandalismo nas terrazas ou o problema coas ratas que teñen en vilo a Ribadeo.

No último Pleno “o goberno do BNG considerou que xa era oportuno atenter ás demandas dos veciños e afirmaron que iban a actuar contra os roedores”, din os populares. Sen embargo, desde o PP de Ribadeo pídese detalles sobre a actuación deste problema.

A vicevoceira popular, Elena Sierra, explica que a actitude do BNG “tennos asombrados, pois nos plenos recentes pedimos por activa e por pasiva que se actuase contra o gran problema que sofren certas rúas de Ribadeo coas ratas e fíxollenos caso omiso”. Ademáis, Sierra resalta que “din nunha nota de prensa que van actuar, pero non especifican como”.

Por outra banda, a popular apunta que o goberno do BNG están a rebufo das propostas do PP, polo que “esperemos que non só sexa unha promesa electoral e que o fagan dando unha respuesta a unha demanda que provoca moitas queixas entre os nosos veciños”.