Skip to main content
Ribadeo

Varios veciños ribadenses queixanse do estado e mantemento das rúas da vila

Por 9 Novembro, 2022Novembro 10th, 2022Sin comentarios

Varios veciños de Ribadeo volveron queixarse do estado no que se atopan as rúas da vila así como o seu mantemento. Nesta ocasión falaron da rúa do Pipelo, situada en pleno casco antigo.

Nesta céntrica rúa, que se atopa moi preto do Centro de Día, din que “chama a atención xa non polo deterioro propio dela senón pola chapuza do aparcadoiro que se fixo”.

As beirarrúas e beiravías do Pipelo están en mal estado, con fendas, afundimentos e malas herbas, e no tocante ao aparcadoiro ao estar en pedente “cando chove todo o lodo vén e a deixa feita un noxo e taponando a rede de sumidoiros”.

Por outra banda criticaron o estado da Baixada a Cabanela, que tamén se atopa no casco antigo. Xa que un “dos sumidoiros que recollen as augas pluviais apenas se ve”, engaden, “e os outros nin aparecen”.