Skip to main content
Ribadeo

O PP de Ribadeo traslada ao goberno do BNG as queixas polo mal estado das rúas

Por 14 Novembro, 2022Sin comentarios

A vicevoceira do PP de Ribadeo, Elena Sierra, traslada, unha vez máis, ao goberno do BNG, as queixas dos veciños da vila polo mal estado no que se atopan as rúas peonís. Unha situación de total abandono que desde o Grupo Municipal levan moito tempo demando unha solución.

Sierra explica que “nestas rúas atópase o maio tecido económico da vila, polo que son as máis transitadas no seu día a día polos veciños e turistas”. Éstas, son as rúas Reinante e San Francisco, rúas en pleno centro de Ribadeo que nestas datas, próximas a festivos e Nadal están moi transitadas.

“Na rúa Reinante, cando chove, podemos observar unha fermosa piscina pola culpa dos adoquins soltos e afundidos. Pero esto non é o peor, o peor e o máis grave son os accidentes que causan, ata o momento sen gravedade. Pero a qué estamos esperando? A que alguén rompa unha perna?” apunta a vivevoceira.

Desde os populares destacan que “deben tomar cartas neste asunto”, pois esta situación non é nova xa que leva anos provocando malestar entre veciños, comerciantes e hosteleiros en Ribadeo.