Skip to main content
Ribadeo

Colocadas catro novas varandas de aceiro inoxidable en Vilaselán, Ribadeo

Por 15 Novembro, 2022Sin comentarios

O Concello colocou catro novas varandas de aceiro inoxidable en Vilaselán. O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, explicou que “foi algo que nos pediu a asociación de veciños desa parroquia. E logo de estudar diversas opcións decidiamos colocalas de aceiro inoxidable. É a mellor solución a nivel de seguridade, pola estética e tamén pola súa duración”. 

O edil ribadense subliñou que “seguimos facendo nosas, do equipo de goberno, as suxestións que a veciñanza nos vai facendo chegar e traballamos para mellorar Ribadeo”.