Skip to main content
Ribadeo

O Círculo Habanero da Devesa celebrará unha Noite de Cantos de Taberna

Por 30 Novembro, 2022Sin comentarios

O Círculo Habanero da Devesa celebrará unha Noite de Cantos de Taberna que contará con Os do Clarete. Este acto será o venres 2 de decembro ás 20.00 horas no local social do Círculo.

O Círculo Habanero da Devesa ten un edificio promovido pola Sociedade de Instrución e Recreo da Devesa como edificio social e centro de recreo e cultura. Inaugurado en 1921, o seu recinto acollía ademais dúas escolas nas que se impartían clases gratuítas a nenos e nenas da parroquia e da contorna.
Forma parte da Ruta dos Indianos polas parroquias.