Skip to main content
Ribadeo

O PP de Ribadeo considera os orzamentos do BNG “o conto da leiteira”

Por 29 Novembro, 2022Sin comentarios

O Grupo Municipal Popular de Ribadeo abstívose na votación para a aprobación dos orzamentos municipais para o vindeiro ano 2023 ao consideralos “o conto da leiteira” porque os ingresos baséanse nunha “estimación”, tal e como advirte o informe da interventora. “Trátase de ingresos que, para o Grupo Municipal Popular, non se deberían incluír porque teñen que ver co aumento de ingresos polo ICIO e a taxa de licenza urbanística do parque eólico Mondigo para o que nin sequera está solicitada a licenza”, sinala a concelleira Begoña Sanjurjo. Tamén se inclúe nos ingresos outra estimación: a do prezo público do Hospital Asilo.

As dúas inversións que destaca o goberno local do BNG son aquelas para as que o Grupo Municipal Popular xestionou orzamento: o novo centro de saúde e a reforma do Hospital Asilo. “O goberno local destaca 101.000 euros para a compra dos terreos para o centro de saúde, pero trátase doutra estimación porque contan sacalos dunha posible poxa de inmobles propiedade do Concello; pero se non se cubre ou non se venden, o orzamento dispoñible será 0”. Nese caso, os populares pregúntanse se o goberno local recorrerá a un crédito para adquirir os terreos. Só faltaría que despois de que o Grupo Popular lle fixera o traballo de xestionar 3,8millóns para un novo centro de saúde o goberno do BNG non sexa capaz de poñer os terreos”, incide.

Sobre a reforma do Hospital Asilo que o goberno local define como “compromiso coa cidadanía”, a concelleira popular lembra que “tivo que estar azuzando o Grupo Municipal Popular; senón igual aínda estaba nun caixón”. De feito, Sanjurjo cre que “deberían aparecer nos orzamentos fondos Next Generation solicitados e aprobados porque a FEGAMP informou ao goberno local dunha subvención dentro do Fondo Europeo de Recuperación, Transformación y Resiliencia que podía chegar incluso a 1,2 millóns; pero que o goberno do BNG non solicitou. Agora, solicitan fondos a través de convenios extraordinarios e queren que a Xunta lles axude por unha vía especial: a vía ordinaria debeulles parecer pouco chamativa. É penoso que non soliciten axudas e despois que choren porque non lles dan”. Con todo, “a Xunta está comprometida coa cidadanía e estará ao lado dos nosos maiores e das súas familias, ignorando a mala xestión do equipo de goberno”.

Tamén critica a concelleira popular a falta de xestión por parte do goberno do BNG en relación aos fondos Next Generation. Xa que non hai nada reflectido no orzamento, Sanjurjo pregúntase cantos proxectos e canto diñeiro público aproveitará Ribadeo. Igualmente, sinala que “se houbera outra inversión destacable cofinanciada por algunha administración aparecería nos presupostos”.

AS INVERSIÓNS SOBEN MENOS QUE O  IPC

A popular explica que “se trata duns orzamentos un 8% máis altos que os do 2022 debido ao aumento que lle corresponde ao Concello polo reparto dos tributos do Estado, pero que non se notará ningún incremento da inversión porque está todo, como mínimo, un 9% máis caro que fai un ano. Soben as inversións menos que o IPC”. É máis, Sanjurjo lamenta que as inversións contempladas no orzamento de Ribadeo sexan só un 10% do total do orzamento”.