Skip to main content
Trabada

Trabada consolida o seu programa de conciliación

Por 10 Novembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Traballa reforzou e consolidou durante este mandato municipal o seu programa de conciliación, impulsado polo grupo de goberno local e que xa beneficia este ano a máis de 20 familias.

“Dende que chegamos ao goberno municipal apostamos por mellorar os servizos en xeral a toda a veciñanza e particularmente ás familias, porque facilitar a conciliación dos pais e nais é un aspecto fundamental para atraer e manter a poboación nos concellos rurais”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

Desde xaneiro de 2020, Trabada conta cun Punto de Atención á Infancia (PAI), con dezasete prazas e un horario de atención de 08:00 a 16:00 horas de luns a venres.

No programa de conciliación municipal, destaca tamén o servizo de Madrugadores, que se presta de luns a venres desde as 08:00 horas ata o comezo das clases, facilitando a incorporación ao posto de traballo dos pais e nais.

Otra iniciativa de conciliación en Trabada é Ludiseráns, un programa de actividades extraescolares con propostas formativas e lúdicas, polas tardes de luns a venres e durante tres horas dende o mes de outubro ata o mes de maio.

Por último, cada ano tamén se organizan os campamentos de verán de xullo e agosto, así como outras actividades de lecer no período estival que Trabada organiza para os mozos e mozas de 12 a 16 anos.

“Con estes programas socioeducativos e de lecer, que organizamos co obxectivo de conciliar as responsabilidades familiares, persoais e profesionais ao mesmo tempo que garanten a igualdade de oportunidades, contribuímos a mellorar a convivencia nas unidades familiares e o rendemento dos nenos e nenas, con espazos nos que desenvolven hábitos de cooperación, organización e traballo en equipo”, engade a alcaldesa.