Skip to main content
O Vicedo

Nordés prepara unha nova formación micolóxica básica

Por 6 Novembro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés prepara para o 12 de novembro unha nova formación micolóxica básica  para a xente da Mariña.

Será unha actividade gratuíta para os socios e 12 euros para os non socios aos que lles interese participar, poden inscribirse chamando ao  no teléfono 653 756 454.

A xornada contará cunha saída ao monte ás 8.00 horas e aconsellan levar cesto, navalla e calzado axeitado, bebida e bocadillo. O punto de partida será o aparcadoiro preto do cruce das Grañas do Sor coa estrada AC-101 Ortigueira – As Pontes.

Xa pola tarde, ás 20.00 horas, será a presentación do libro setas do Ortegal do micólogo Xosé Luís Cuba Crespo e a continuación haberá un taller de cociña ataas 22.30 horas con degustación de escabeche de níscalos con mexillóns e risoto de setas con chourizo ao galmasano galego.

Dende a organización lembran que hai prazas limitadas polo que compre anotarse antes do xoves 10 de novembro.