Skip to main content
Axenda CaducadaO Vicedo

O sábado volve o teatro á casa da cultura do Vicedo

Por 15 Novembro, 2022Sin comentarios

O sábado volve o teatro á casa da cultura do Vicedo, concretamente o día 19 de novembro ás 20.00 horas. Nesta ocasión será unha obra profesional a cargo de Ítaca Teatro, de Lugo.

Trátase da obra Formigas no peto unha proposta innovadora e de calidade que mestura o teatro de imaxes, coa narración oral e co teatro de actor.

Trátase dun espectáculo unipersoal que fala da memoria individual e colectiva de todos nós e que, por medio de varios personaxes moi recoñecibles e familiares vencellados á nosa vida cotiá, dende as avóas ata nós mesmos, vainos levando polo Bazar da Memoria do protagonista quen, dende alí mesmo, cóntanos, sinte e viaxa por momentos e emocións da súa patria que é, nin máis nin menos, que a súa infancia… ou a nosa.

“A miña memoria é unha mestura de momentos e lugares que me habitan: Pequenos anacos de historia gardados nos recunchos máis remotos da miña alma, que, de cando en vez, pasean polo meu corpo pousados no lombo das formigas que se agochan nos petos.”