Skip to main content
O Vicedo

O Goberno central inviste 913.000 euros na renovación do alumeado de 37 zonas do Vicedo

Por 11 Novembro, 2022Sin comentarios

O Goberno inviste 560.523€, a través do IDAE, e outros 353.000€, co programa DUS 5000, para financiar 8 proxectos cos que dotará e substituirá o alumeado existente por un sistema LED de baixo consumo.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, remarcou o compromiso do Goberno coa mellora e modernización dos servizos públicos básicos para os veciños e veciñas que viven no rural, que se exemplifica cun investimento total de 913.000 euros, a través de dous programas estatais, para a execución de 8 proxectos de renovación e dotación de alumeado público exterior en 37 zonas do Concello do Vicedo. “Estes traballos demostran o importante apoio do Goberno aos concellos pequenos da provincia para que melloren a eficiencia enerxética, contaminando menos e aforrando custes ás arcas municipais, pois o alumeado é o principal gasto de enerxía dos municipios”, sinalou a subdelegada.

Isabel Rodríguez desprazouse ata o Concello do Vicedo para supervisar, xunto ao alcalde, Jesús Novo, as actuacións que financia o Goberno neste municipio mariñán. Así, informou que o Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía “IDAE”, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, destina 560.523 euros para a instalación e renovación do alumeado. Durante a visita comprobaron o resultado das obras rematadas no exterior da Casa Consistorial e dos núcleos de O Folgueiro, Pontide, o Vilar, a praia de Abrela, Creximil, Ruño, Penela e Humeiros.

Estes traballos consistiron na instalación de 171 alumeados LED de baixo consumo e a substitución de 8 cadros, “beneficiando directamente ás persoas que viven nestas parroquias e permitindo ao Concello reducir un 65% o consumo de enerxía”, destacou a subdelegada. Ademais, Rodríguez explicou que, con cargo ao investimento do IDAE, o concello comezará a renovar tamén o sistema de alumeado da travesía da Mariña, as zonas de Pontellas, Vilagudín, A Lama, Morgallón, Moledos, Moreiras, Triscornia, O Folgueiro, Baltar e as rúas oporto, Luciano Pérez e Rosalía de Castro. 

Dende o Goberno temos claro que a colaboración entre administracións é fundamental para que municipios pequenos, como O Vicedo, poidan desenvolver proxectos desta envergadura, pois sen as axudas destes programas non o poderían asumir”, sinalou Rodríguez.

353.000€ do programa DUS 5000

A subdelegada lembrou que estas melloras no alumeado non son ás únicas que o Goberno financia no concello do Vicedo, pois o Ministerio para a Transición Ecolóxica, co programa DUS 5000, ven de aprobar unha achega económica de 353.000 euros, o 85% do total, para a substitución de alumeado público por un eficiente nas zonas de Folgueiro, Riobarba, Tellado, Negradas, Val de Suso e San Román Vilela. 

“O Vicedo é un dos primeiros concellos da provincia en acadar axudas no marco deste programa, dirixido especificamente a concellos do reto demográfico, é dicir, de menos de 5000 habitantes. Un exemplo máis de como o Goberno fai chegar o Plan de Recuperación a cada recuncho da provincia, impulsando a transición enerxética”, subliñou Rodríguez. 

Neste eido, a subdelegada lembrou que a vicepresidenta e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, anunciou onte, en Lugo, a ampliación en 350 millóns de euros deste programa, elevando a contía total do programa a 675 millóns, multiplicando por 9 o seu presuposto inicial para dar resposta ás máis de 3.000 solicitudes en toda España.