Skip to main content
Viveiro

Vanse realizar obras de mellora no vial e saneamentos das Pallaregas, en Viveiro

Por 13 Novembro, 2022Novembro 14th, 2022Sin comentarios

Vanse realizar diferentes obras de mellora nas Pallaregas, uns traballos incluídos dentro do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2022 da Deputación.  

As melloras consistirán na reposición do firme do vial denominado pista Ponte Feve-Casería, así como parte do ramal do vial pista Vilar de Abaixo-O Rego, que dá acceso ás vivendas de Porta Leira, na parroquia de Covas. 

Este proxecto, que conta cun orzamento de 129.882,11 €, tamén inclúe a substitución da rede de abastecemento de auga na parte do vial principal, debido ao seu deterioro. Dotarase de formigón nas zonas onde existen máis edificacións para garantir unha correcta circulación das augas pluviais e farase unha sinalización vial, tanto horizontal como vertical. 

O expediente para proceder á contratación destas obras nas Pallaregas, tal e como se lle explicou dende o Concello de Viveiro aos veciños das Pallaregas, atópase en tramitación e, polo tanto, non se comprenden as declaracións da voceira do BNG.  

“Unha vez máis Míriam Bermúdez García, seguindo na súa liña habitual, intenta crear discordia sen motivos co único obxectivo de enganar aos veciños e sacar rédito político”, suliñou María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.