Skip to main content
Viveiro

Viveiro abre a inscrición para o obradoiro de manualidades en familia

Por 15 Novembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro abre o prazo de inscrición para o obradoiro de manualidades en familia que se levará a cabo este domingo, día 20, con motivo da celebración do Día Mundial da Infancia. 

Poderán participar de balde persoas de tódalas idades, sendo imprescindible a súa inscrición previa, a través da seguinte ligazón ou ben cunha chamada ou  whatsapp ao seguinte teléfono de contacto 654 208 333. 

A actividade terá lugar ás 17:00h no Salón Multiusos do Concello de Vivero e está organizada polo Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro, coa colaboración da Concellería de Benestar Social e Eureka. Consistirá nun obradoiro de chapas e a creación dun mural creativo a través do que dar visibilidade á transcendencia da Saúde Mental Infanto-Xuvenil.