Skip to main content
Viveiro

Este venres, día 2, será a gala de entrega do IV Premio de Novela Vilar Ponte de Viveiro

Por 29 Novembro, 2022Novembro 30th, 2022Sin comentarios

Este venres, día 2 de decembro, será a gala de entrega do IV Premio de Novela Vilar Ponte, nun acto no Teatro Pastor Díaz ás 20.30 horas que contará coa presenza do escritor Suso de Toro.

A gañadora desta edición é Irene Rega Jul, coa súa obra ‘Tecendo Redes’, e a novela finalista foi ‘As cartas do desarraigo’, de Francisco Vidal Blanco.

O Premio de Novela Vilar Ponte, que cumpre este ano a súa cuarta edición, naceu coa finalidade de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, asemade, apoiar e difundir a literatura en lingua galega.

“Parabéns aos dous escritores premiados neste certame, que gaña recoñecemento e consolidación cada ano. Un certame que impulsa sen dúbidas a creación literaria na nosa lingua”, afirma a alcaldesa, María Loureiro

O xurado desta edición estaba composto por Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro, profesor e historiador; Eva Mejuto Rial, escritora e xestora cultural; e María Lado Lariño, escritora.