Skip to main content
Xove

Xove terá o parque deportivo e de ocio infantil máis completo de Galicia

Por 16 Novembro, 2022Novembro 17th, 2022Sin comentarios

Xove podería contar a principios do ano que vén co parque deportivo e de ocio infantil máis completo de Galicia. Así o indicaron dende o Concello e informaron que “si se cumplen as previsións, a principios do próximo ano comezarase a construción”.

O futuro parque situarase nunha parcela que antiguamente estaba destinada a usos agrícolas e o proxecto arrancará no 2023 cun orzamento que superará os 820.000 euros.

Este parque estará situado na contorna da avenida da Deputación e a que actualmente é unha zona forestal e pradaría. Serán 9.014 metros cadrados divididos en 2.205 de zona verde, 1.378 de accesos como sendas e beirarrúas, 1.462 de zonas viais e aparcadoiros, e 3.969 metros cadrados de zonas lúdicas como os circuítos de skatepark, pumptrack ou calistenia.

O espazo contará cunha zona de aparcadoiro con estacionamento dotada de todos os servizos precisos para autocaravanas, un skatepark con forma de bowl aberto enfocado ao uso de patíns, scooters, skate e bmx e con zona de street; e un pumptrack enfocado tanto as bicicletas como a skates, patíns e scooters cun nivel experto pero accesible a todos.

Tamén haberá un circuíto de iniciación cun pequeno pumptrack para os máis novatos e nenos, un circuíto de descenso con divertidos obstáculos de madeira, ramplas, pasarelas, etc. Un circuíto de calistenia con 10 estacións de adestramentos diferentes e todos os elementos esenciais como as barras de dominadas.

Haberá tamén unha zona de lavado e reparación de bicicletas ou patíns na contorna da edificación, unha ampla zona verde e camiños de comunicación entre as diferentes zonas con árbores actóctonas e zonas de lecer con mesas.

Ademais inclúe a construción duns aseos feminino, masculino e para persoas con discapacidade, así como zona de almacén ou para aloxar os servizos e instalacións precisas para o desenvolvemento de todas as actividades do conxunto do parque.