Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

O 16 de novembro a Pontenova fará un Workshop

Por 1 Novembro, 2022Novembro 2nd, 2022Sin comentarios

O vindeiro 16 de novembro celébrase na Pontenova o primeiro Workshop organizado polo Concello. Un evento no que o turismo é o protagonista, con axentes invitados de toda Galicia para compartir as súas experiencias e xerar sinerxias.

“Se estás vinculado ao sector turístico na Pontenova, esta é a túa cita”, din os organizadores, “neste Workshop destacaremos todo o feito e o que está por vir no turismo da zona, e ti tes moito que contar. Terás o teu espazo e momento para expoñer o que ofreces e conectar con diversos axentes”.

No caso de non podes asistir pero si querer participar, poderase facer vía streaming. E poderase enviar o material á oficina de turismo para compartilo cos asistentes.

Máis información e inscricións neste enlace.