Skip to main content
AlfozAxenda Caducada

A AC O Castelo de Alfoz prepara un magosto

Por 3 Novembro, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo en colaboración co Concello de Alfoz e a Deputación de Lugo organiza un magosto para o vindeiro 12 de novembro.

A celebración será no pavillón municipal ás 21.00 horas e contará cun menú a base de callos e empanada, pan, viño, castañas e café, e todo elo por un prezo de 8 euros para socios e 15 para os que non o sean.

Ademais haberá música en directo amenizando toda a xornada festiva a cargo de Dúo Sonido.

Para asistir poderase reservar chamando a 685 887 719, 617 299 798, 648 815 979 ou 603 895 753.