Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

O programa Porta a Porta estará en Mondoñedo a finais de mes

Por 20 Novembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo informa de que o programa Porta a Porta da Xunta de Galicia chegará de novo á localidade no mes de novembro e decembro, concretamente os días 30 de novembro e 1, 2 e 5 de decembro.

O programa ofrece consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria destinado a todas as persoas maiores de 55 anos que así o desexen, con cita previa e de xeito gratuíto.

O autobús do Porta a Porta estará na praza do Seminario co fin de prestar servizos asistenciais ás persoas maiores, debendo solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

No servizo de podoloxía farase unha consulta básica, valorando o estado xeral do pé, así como un corte e limpeza de unllas e eliminación de durezas, calos e helomas. En audioloxía realizarase unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. Coa estimulación cognitiva, un profesional fará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro en caso de habelo.

O prazo de inscrición xa está aberto para todas as persoas interesadas e que cumpran os requisitos, habendo unha primeira xornada explicativa dos servizos.