Skip to main content
Axenda CaducadaOurol

O autocine volve a Ourol con ‘Vilamor’

Por 23 Novembro, 2022Sin comentarios

O sábado 26 ás 20.00 horas poderase desfrutar dunha sesión de autocine. Nesta ocasión será a proxección do filme de Ignacio Vilar que leva por título Vilamor, e servirá como un medio de transmisión de valores esencias nun modelo de sociedade que promova a igualdade entre mulleres e homes.

Para asistir será necesaria a reserva da entrada, que é gratuita. Para conseguila haberá que chamar ao departamento de servizos sociais do Concello aos teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457 ou na páxina web do autocine.