Skip to main content
Axenda CaducadaCastroverde

O teatro afeccionado chega este sábado ó Corgo

Por 29 Novembro, 2022Novembro 30th, 2022Sin comentarios

O Cicuíto de Teatro Afeccionado, que iniciou xa unha nova tempada, fará a súa parada este sábado en Castroverde.

O grupo Teatro Nova Escena representará a comedia A tortilla e a peste. A actuación será este sábado 2 de decembro ás 19.00 horas no Salón de actos do C.P.I de Castroverde.

Na obra cinco mulleres contan a súa experiencia durante o período do confinamento. A privación de contacto, o illamento e a distancia fan que as cousas cotiás, como facer unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no ‘‘axis mundi’’ duns personaxes ligados á realidade a través do fío da tecnoloxía.

O sábado 10 de decembro o grupo Hipócrita Teatro representará Arte ás 19.00 no horas no Salón de actos do C.P.I de Castroverde.

Esta é unha obra construída con personaxes que se revelan pouco a pouco ata adquirir unha complexidade insospeitada e que, entre risas, moitas risas, nos mostrarán unhas cantas cousas nada banais sobre nós mesmos, sobre a fraxilidade das relacións humanas e sobre a incapacidade para entender e para amar por riba dos nosos propios prexuízos.

Veremos como, en cuestión dunha semana e por un motivo aparentemente trivial, tres amigos fan saltar polos aires unha relación de vinte anos, comportándose como nacións en guerra: alianzas secretas, pactos rotos e, sobre todo, tolerancia cero.