Skip to main content
Lugo

O espazo peonil situado entre as rúas Rof Carballo e Vila Verde será renovado

Por 28 Novembro, 2022Sin comentarios

O espazo peonil situado entre as rúas Rof Carballo e Vila Verde será renovado segundo anunciou o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas. Penas explicou que “este treito sufre un amplo desgaste, o que impide a boa mobilidade e accesibilidade”.

O concelleiro de Infraestruturas explicou que o actual adoquín será substituído por formigón impreso, “mantendo a estética da contorna cun pavimento que non sufrirá tanto desgaste”. Penas anunciou que o adoquín actual será reutilizado pola Brigada Municipal de Vías e Obras “para realizar reparacións na cidade”.

Xunto coa renovación do pavimento, o goberno de Lugo renovará unha canalización de alumeado público e as rexas situadas ao pé das escaleiras.