Skip to main content
Lugo

O XuvenLugo dará comezo o 3 de decembro

Por 28 Novembro, 2022Sin comentarios

Volve a 24ª edición do XuvenLugo, o salón de ocio infantil e xuvenil, que este ano abrirá as súas portas no Pazo de Feiras e Congresos durante 25 días dende o día 3 de decembro según informaron hoxe na presentación o tenente alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acompañados da mascota oficial do XuvenLugo, Quío o Esquío. 

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, afirmou que “o XuvenLugo 2022 contará cunha gran cantidade e variedade de actividades, con ata 9 espazos diferentes nos que toda a mocidade que se achegue poderá atopar algo que se adapte ao seu gusto”.

O XuvenLugo 2022 estará aberto os días 3, 4, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 16, 17, 18, 23, 25, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, e os días 1, 2, 3, 4, 6, 7 e 8 de xaneiro de 2023. Os días 7 e 16 de decembro celebraranse dúas xornadas de portas abertas nas que o acceso ao evento será gratuíto, grazas á colaboración da Área de Cultura do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da área de Mocidade.

As instalacións ocuparán os dous pavillóns do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, ademais do corredor que une ambas zonas, que estarán divididas en 10 espazos, contando cunha ludoteca para nenas e nenos de 0 a 7 anos, zona de xogos recreativos, minigolf, pista de slot, inchables, unha scape room, atraccións, un touro mecánico e o rocódromo do Pazo de Feiras.